Tuesday 14 de May de 2024

Aviso ruta de sendeirismo en familia e rocódromo


As prazas para participar na ruta de sendeirismo en familia á Fervenza do Belelle están cubertas, namentras que aínda queda algunha libre para a sesión infantil de rocódromo posterior á andaina. A actividade celebrarase este sábado 28 de xaneiro na pista do Roxal, no marco do programa #NedActívate. Dende o Concello de Neda agradécese a boa acollida por parte da veciñanza, e infórmase de que, de rexistrarse novas inscricións para a ruta, pasarían a unha lista de agarda coa que se cubrirían as posibles baixas que se rexistren. No caso da actividade do rocódromo, está prevista unha vez remate a andaina, sobre as 18:30 horas, e as familias con nenos e nenas de ata 13 anos poden reservar esas prazas libres chamando ao teléfono da Biblioteca: 981 39 02 33 -de luns a venres de 9 a 13 e de 16 a 20 h-